O país adormentado
by Xabier P. DoCampo 2021-02-28 01:19:08
image1
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa in... Read more

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.

Less
  • Publication date
  • Language
  • ISBN
  • October 15, 2016
  • Galician
  • cc5b6f8c-877d-46a7-8e83-89f80b0a5a15
Compare Prices
Available Discount
No Discount available
Related Books